07/04/09

ABRIL, MES DOS LIBROS

No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil onde conmemoramos o nacemeno do escritor de contos infantís H. C. Andersen. No blog de música queremos celebralo cun fragmento de ballet. A obra de Andersen "A raiña das neves" inspirou a creación dun ballet. O ballet emprega a música e a danza para contar sen palabras unha historia.
Aquí vos deixamos a primeria escena do ballet onde os nenos e nenas patinan alegres na pista de xeo.


Sem comentários: