Mostrar mensagens com a etiqueta abril mes dos libros. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta abril mes dos libros. Mostrar todas as mensagens

29/04/09

TODAS AS LINGUAS

Preciosa canción titulada "Todas as linguas" e que queremos relacionar coa posta en marcha da Estantería das Linguas da Escola" na nosa biblioteca escolar dentro das actividades programadas para "Abril, mes dos libros"

22/04/09

23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO"

Como cada 23 de abril conmemoramos o Día Mundial do Libro e hoxe ímolo celebrar con música creada por Anderson e titulada "A máquina de escribir". Tal vez hoxe unha máquina de escribir pareza un aparello antigo, pero con máquinas como esta escribíronse relatos, versos, contos...Historias coas que gozamos cada vez que visitamos a biblioteca e que fan voar a nosa imaxinación.
FELIZ E MUSICAL DÍA DO LIBRO 2009!

07/04/09

ABRIL, MES DOS LIBROS

No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil onde conmemoramos o nacemeno do escritor de contos infantís H. C. Andersen. No blog de música queremos celebralo cun fragmento de ballet. A obra de Andersen "A raiña das neves" inspirou a creación dun ballet. O ballet emprega a música e a danza para contar sen palabras unha historia.
Aquí vos deixamos a primeria escena do ballet onde os nenos e nenas patinan alegres na pista de xeo.