14/01/11

ALEGRÍA, NESTE XANEIRO MES DE PAZ...



TENDES A CONTINUACIÓN A MESMA CANCIÓN COA LETRA ESCRITA EN ITALIANO, INGLÉS E ESPAÑOL...A LER E CANTAR

CANTEMOS POR UN MUNDO MELLOR

28/11/10

TOCAR A GUITARRA DE XEITO DIFERENTE

Observade o que se pode facer cunha guitarra e moito talento musical.

14/11/10

BALLET

22/10/10

BANDAS SONORAS... DE HISTORIAS PARA NENOS E NENAS

Aquí tendes dúas historias escritas para nenas e nenos e levadas á animación con banda sonora de Emilio Aragón.
"A flor mais grande do mundo"


"O soldadiño de chumbo"

12/10/10

NENOS INDIOS CANTANDO EN GALEGO...

AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA DE QUE O GALEGO É UNHA LINGUA INTERNACIONAL, NENOS E NENAS DA INDIA CANTANDO "EU CHORAR CHOREI"

23/01/10

CHUVIA

Impresionante vídeo dun coro que imita ao son da chuvia.

29/12/09

REGALO DE NADAL

Como regalo musical para estas datas de nadal aquí deixamos, para os ratiños e ratiñas musicais do colexio un dos fragmentos máis coñecidos da obra de Handel.
Moita atención porque podedes ler a partitura ao mesmo tempo que escoitades ao fantástico coro.

20/11/09

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

Unha fermosa animación que nos mostra o dereito á participar dos nenos e nenas na súa casa, na súa escola...en fin na sociedade na que viven...

29/04/09

TODAS AS LINGUAS

Preciosa canción titulada "Todas as linguas" e que queremos relacionar coa posta en marcha da Estantería das Linguas da Escola" na nosa biblioteca escolar dentro das actividades programadas para "Abril, mes dos libros"

22/04/09

23 DE ABRIL "DÍA MUNDIAL DO LIBRO"

Como cada 23 de abril conmemoramos o Día Mundial do Libro e hoxe ímolo celebrar con música creada por Anderson e titulada "A máquina de escribir". Tal vez hoxe unha máquina de escribir pareza un aparello antigo, pero con máquinas como esta escribíronse relatos, versos, contos...Historias coas que gozamos cada vez que visitamos a biblioteca e que fan voar a nosa imaxinación.
FELIZ E MUSICAL DÍA DO LIBRO 2009!

07/04/09

ABRIL, MES DOS LIBROS

No mes de abril celebramos o Día do Libro Infantil e Xuvenil onde conmemoramos o nacemeno do escritor de contos infantís H. C. Andersen. No blog de música queremos celebralo cun fragmento de ballet. A obra de Andersen "A raiña das neves" inspirou a creación dun ballet. O ballet emprega a música e a danza para contar sen palabras unha historia.
Aquí vos deixamos a primeria escena do ballet onde os nenos e nenas patinan alegres na pista de xeo.


16/01/09

LA MAÑANA - Peer Gynt

ESTA OBRA DE GRIEG ESTÁ ADICADA ÓS ALUMNOS E ALUMNAS DE 3º CICLO. CON UN POUCO DE PRÁCTICA ACABAREMOS TOCANDO IGUALIÑO QUE ESTES MÚSICOS.

22/12/08

FELIZ NADAL



AQUÍ TENDES UN AGASALLO DE NADAL. UN FRAGMENTO DUN ESPECTÁCULO DA COMPAÑÍA DE CIRCO " O CIRCO DO SOL". SEI QUE GUSTA MOITO AOS RATIÑOS E RATIÑAS DA ESCOLA.
UN VERDADEIRO PRACER PARA OS SENTIDOS.

23/05/08

MÚSICA PARA "MAIO,MES DAS LETRAS" Ponte do meu lado...

"PONTE DO MEU LADO"...FERMOSÍSIMA CANCIÓN DE GUADI GALEGO E O GRUPO PORTUGUÉS VOZES DA RÁDIO,ADEMAIS NOS COROS NENOS E NENAS GALEGOS E PORTUGUESES. FIXÁDEVOS BEN PORQUE TODO O ACOMPAÑAMENTO ESTÁ FEITO COAS PALMAS DAS MANS E COA VOZ. ESTA CANCIÓN REIVINDICA O RECOÑECEMENTO DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS.