12/02/08

PONTE NAS ONDAS...

Este é o video promocional da Candidatura do Patrimonio Inmateraial Galego-Portugués que vai ser presentada ante a UNESCO para o seu recoñecemento internacional. 2000 nenos e nenas participaron na súa gravación nas pontes sobre o río Miño.

Todos os nenos e nenas da escola coñecemos a cantiga "Máis perto" que acompaña ao video e que está recollida no traballo Meniños Cantores e que forma parte dos fondos da nosa biblioteca.

Sorte para esta candidatura!

Sem comentários: